Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61492

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade en ADOS).

Convocada polo Anuncio do 2 de setembro de 2021 (DOG nº 174, do 9 de setembro) a provisión para vinculación temporal, a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), esta Dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), convocado polo Anuncio do 2 de setembro de 2021 (DOG nº 174, do 9 de setembro).

Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar o/a aspirante seleccionado/a que se indica no anexo I desta resolución para que, en único chamamento e acto e pola orde que se establece en aplicación das bases da convocatoria, elixa destino. O acto de elección de destino terá lugar o mércores, 15 de decembro, ás 10.00 ao adxudicatario/a, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Terceiro. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO I

Apelidos//nome

DNI

Total 1ª fase

Total 2ª fase

Total suma fases

Regueiro Mira, Francisco

****6762*

24,000

2,000

26,000

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.