En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante: Alto da Telleira, S.L.
Denominación do proxecto: parque eólico Alto da Telleira.
Concellos afectados: A Cañiza e Covelo (Pontevedra).
Potencia que se instalará: 48 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 9.
Produción neta anual estimada: 137.329 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 35.365.747 €.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
| Vértices | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | Termo municipal | 
| 1 | 555.875,00 | 4.679.651,00 | Covelo | 
| 2 | 557.875,00 | 4.679.651,00 | Covelo | 
| 3 | 557.875,00 | 4.677.785,00 | A Cañiza | 
| 4 | 557.375,00 | 4.674.785,00 | A Cañiza | 
| 5 | 553.875,00 | 4.674.785,00 | Covelo | 
| 6 | 553.875,00 | 4.678.285,00 | Covelo | 
Coordenadas dos aeroxeradores:
| Aeroxerador | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | Termo municipal | 
| 1 | 554.842,00 | 4.677.300,00 | Covelo | 
| 2 | 554.970,00 | 4.676.868,00 | Covelo | 
| 3 | 555.680,00 | 4.677.547,00 | Covelo | 
| 4 | 555.906,00 | 4.677.061,00 | Covelo | 
| 5 | 556.172,00 | 4.678.922,00 | Covelo | 
| 6 | 556.370,00 | 4.678.569,00 | Covelo | 
| 7 | 556.730,00 | 4.676.951,00 | A Cañiza | 
| 8 | 557.087,00 | 4.678.354,00 | Covelo | 
| 9 | 557.397,00 | 4.679.165,00 | Covelo | 
Subestación colectora Alto da Telleira:
| Centro xeométrico | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | Termo municipal | 
| Centroide | 556.163,00 | 4.677.975,00 | Covelo | 
| Envolvente | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | Termo municipal | 
| A | 556.207,00 | 4.678.039,00 | Covelo | 
| B | 556.157,00 | 4.678.026,00 | Covelo | 
| C | 556.164,00 | 4.678.001,00 | Covelo | 
| D | 556.152,00 | 4.677.997,00 | Covelo | 
| E | 556.166,00 | 4.677.947,00 | Covelo | 
| F | 556.227,00 | 4.677.963,00 | Covelo | 
Liña soterrada interconexión SET Alto da Telleira e SE Fontefría.
| Arqueta receptora | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | 
| Inicio liña 220 kV SET Alto da Telleira | 556.191,00 | 4.678.030,00 | 
| Fin liña 220 kV SE Fontefría | 556.396,00 | 4.678.130,00 | 
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Nove (9) aeroxeradores: os aeroxeradores identificados cos números 1, 2, 4, 5, 6 e 8 serán do modelo V162–5,6 MW de Vestas, cunha altura de buxa de 119 metros e un diámetro de rotor de 162 metros. Os aeroxeradores identificados como 3 e 7 serán do modelo V162–4,8 MW de Vestas, coa mesma altura e o mesmo diámetro de rotor e, por último, o identificado como número 9 será do modelo V150–4,8 MW de Vestas con altura de buxa de 105 metros e un diámetro de rotor de 150 metros.
– Nove (9) centros de transformación de potencia aparente 7.000 kVA e tensión 0,720/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.
– Rede soterrada de media tensión (30 kV), de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación Alto da Telleira 30/220 kV, formada por cinco (5) circuítos con cables RHZ1 18/30 kV de seccións de 240 e 400 mm2 segundo o tramo. A mesma gabia incluirá cables de terra de Cu de 50 mm2 e condutores de fibra óptica.
– Subestación colectora Alto da Telleira 30/220 kV. A aparellaxe de 220 kV situarase no parque de intemperie e será de tecnoloxía convencional (AIS) para as posicións de liña e de tecnoloxía híbrida (HIS) para as posicións de transformador. No referente á aparellaxe de 30 kV, esta situarase no edificio da subestación e será de tecnoloxía baseada en celas metálicas prefabricadas de illamento en hexafluoruro de xofre. A subestación obxecto deste proxecto estará composta dos seguintes elementos:
• Dúas (2) posicións de liña de 220 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida.
• Dous (2) módulos de embarrado con medida de tensión en 220 kV.
• Dúas (2) posicións de transformador de potencia de 220/30 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida.
• Dous (2) transformadores de potencia de relación 220/30 kV de tipo intemperie e con potencias aparentes de 70/80 MVA (ONAN/ONAF) e 105/120 MVA (ONAN/ONAF).
• Un (1) transformador de servizos auxiliares de 100 kVA.
• Nove (9) posicións de liña de 30 kV, equipadas cos equipamentos necesarios de protección e medida.
• Sete (7) posicións de corte e medida de 30 kV.
• Dúas (2) posicións de transformador de potencia e dúas (2) de transformador de servizos auxiliares de 30 kV, equipadas cos equipamentos necesarios de protección e medida.
• Dúas (2) posicións de batería de condensadores.
• O parque de intemperie contará, ademais, con dúas (2) reactancias de posta á terra e dúas (2) baterías de condensadores.
– Rede soterrada de alta tensión (220 kV) de 270 m, de interconexión entre a subestación Alto da Telleira e a subestación de Fontefría 400/220 kV, formada por cables tipo RHE- RA+2 OL 127/220 kV 1x2.000 mm2 Cu + T375 mm2 Al, enterrados en gabia dispostos en triángulo, cable de comunicacións PKP e de conexión equipotencial RV 0,6/1 kV 1xCu300 mm2.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Declaración da tramitación de urxencia: de acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 27 de xullo de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico).
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de quince (15) días contados a partir da última publicación desta resolución.
Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36888 A Cañiza, Pontevedra) e de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo).
Pontevedra, 9 de decembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

 
					
