De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lle afecta.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 45 16, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 1 de decembro de 2021
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado |
Acto notificado |
Zona de concentración parcelaria |
76476046B |
Resolución modificación acordo |
Grixalba (Sobrado-A Coruña) |