Advertido un erro na publicación do dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 241, do venres 17 de decembro de 2021, na páxina 62304, procédese a substituír o texto publicado polo seguinte:
«De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 1 de decembro de 2021, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a localización da Biblioteca Pública estatal de Vigo.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código: 2444/2021.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático»