Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (expediente IN408A 2018/26).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (CIF B85945475).

Enderezo social: Torre Serrano, rúa Marqués de Villamagna, nº 3, planta 5ª, 28001 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fernando de Casas Novoa, nº 35, bloque B, 2º B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Solpor (expediante IN408A 2018/26).

Concello afectado pola poligonal: Ordes e Mesía (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 24 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5 ud.×4,8 MW de potencia nominal unitaria.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 2.894 horas.

Produción neta anual estimada: 69.462 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 18.944.294,06 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Solpor

A.D.E.

Ordes

Parque eólico Solpor

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

P1

555.875,07

4.771.986,49

Mesía

P2

551.450,00

4.772.201,00

Ordes

P3

551.450,00

4.775.620,00

Ordes

P4

555.779,39

4.775.620,00

Mesía

Parque eólico Solpor

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

SOL-01

552.540,00

4.774.979,00

Ordes

SOL-02

553.073,00

4.774.813,00

Ordes

SOL-03

553.833,00

4.774.946,00

Ordes

SOL-04

554.368,00

4.774.858,00

Mesía

SOL-05

554.700,00

4.774.132,00

Ordes

Parque eólico Solpor

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

SOL-TP

555.032,00

4.773.989,00

Ordes

Parque eólico Solpor

Subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

SET

554.139,63

4.774.980,15

Ordes

Características técnicas da instalación:

• Cinco (5) aeroxeradores de tres pas, modelo N155-4.8MW ou similar, de 4,8 MW de potencia nominal unitaria, altura de buxa de 120 m e diámetro del rotor de 155 m.

• Cinco (5) centros de transformación trifásicos con transformador seco para 30 kV, de potencia aparente unitaria 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) torre meteorolóxica de 122 m de altura (120 m de altura da estrutura da torre máis 2 m de altura do pararraios).

• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) 132/30 kV con transformador de potencia intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 25/30 MVA (ONAN/ONAF) e relación de transformación 132/30 kV. A SET distribúese da seguinte forma:

◦ Parque de 132 kV en intemperie cunha posición de liña-transformador. Incluiranse os elementos asociados tales como autoválvulas, transformadores de tensión, transformadores de intensidade, seccionador e interruptor automático.

◦ Parque de 30 kV, configuración simple barra, cos conxuntos de celas seguintes: unha cela de protección de transformador de potencia, unha cela de transformador de servizos auxiliares, unha cela de protección de batería de condensadores, dúas celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico), celas de seccionamento con posta a terra e medida de tensión en barras.

◦ A SET Solpor disporá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos.

• O sistema colector de media tensión (MT) está formado por dous circuítos de 30 kV en instalación subterránea e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET Solpor. O cable utilizado será condutor de aluminio RHZ1-2OL, 18/30 kV, de diferentes seccións (95, 150 e 400 mm²).

• A posta a terra da rede de MT está constituída por un cable de cobre espido, de sección mínima 50 mm², tendido ao longo da canalización de MT no fondo da gabia. O sistema de posta a terra será único para a totalidade do parque eólico (PE).

• Pola mesma gabia das citadas liñas de MT instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica monomodo con fibras de 9/125 μm e que se empregará para a monitorización e control do PE.

• Proxéctase a instalación dunha liña aérea de alta tensión (LAAT) 132 kV Solpor, de simple circuíto e 709,57 m de lonxitude, para a evacuación da enerxía xerada no parque e a súa conexión á rede de distribución. Esta liña partirá do pórtico da SET Solpor e finalizará no apoio 22 da liña de alta tensión 132 kV SET PE Gasalla-SET colectora Mesón do Vento 132/220 kV. Esta última liña é tramitada polo mesmo promotor, pero forma parte dun proxecto independente (expediente IN 408A 2020/167, en estado de tramitación).

• Na SET colectora Mesón do Vento 132/220 kV elevarase a tensión a 220 kV para evacuar conxuntamente cos demais parques do clúster, a través dunha liña de 220 kV, ata o punto de conexión á rede de transporte en SET Mesón do Vento 220 kV, propiedade de REE, actualmente en servizo. Todas estas infraestruturas non forman parte do presente proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (setembro 2021-visado 25.10.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021-asinado 28.10.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) (outubro 2021-visado 28.10.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17, así como nas casas consistoriais de Mesía e Ordes (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/solpor

A Coruña, 10 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña