Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 25 de novembro de 2021
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
PR204A2021/3391-2 |
Estrella Receivables |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/3754-2 |
Felipe González Castillo |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/3993-2 |
Julia Casas Villamil |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/3993-2 |
José Ramón Neira Casas |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/3995-2 |
Mohammed Laakaoubi el Haou |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4002-2 |
Plabio Buenos Aires de Andrade |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4017-2 |
Tamara López Rodríguez |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4021-2 |
Alejandro Barreiro Díaz |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4084-2 |
Xesús Feás Sánchez |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4090-2 |
José Antonio Fernández Val |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4094-2 |
José María Gómez Araújo |
Recoñecemento do dereito |
PR204A2021/4237-2 |
Belleza y Hogar, C.B. |
Recoñecemento do dereito |