Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se lle notifica ao interesado a suspensión do procedemento SXRH-PD-15/21.

O 6 de outubro de 2021, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade acordou incoar o procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-15/21. Logo de proposta da instrutora, o 15 de novembro de 2021, o secretario xeral técnico acorda suspender a tramitación do procedemento. Os intentos de notificación do acordo de suspensión á persoa inculpada realizáronse no seu domicilio, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A seguir identifícase a persoa interesada, a referencia do procedemento e o acto administrativo que se pretende notificar.

Persoa citada: 34899301K.

Procedemento: SXRH-PD-15/21.

Trámite: acordo de suspensión do procedemento.

A persoa interesada ou quen acredite ser o seu representante poderá solicitar unha copia do acordo de suspensión á instrutora ou acudindo calquera día de luns a venres (agás festivos), das 9.00 ás 14.00 horas, ás dependencias do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos, na sede da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade