Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63268

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 10 de decembro de 2021 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Orde do 11 de novembro de 2019, pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo, procedeuse ao nomeamento de Daniel Couto Cancela como representante do alumnado no Consello Social da dita universidade.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo remite, con data do 7 de decembro de 2021 á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, escrito no que comunica que o Consello de Goberno da Universidade de Vigo, reunido o 30 de novembro de 2021, designou como representante de estudantes no Consello Social da Universidade de Vigo a Antonio Manuel Ramos Vázquez, en substitución de Daniel Couto Cancela. Xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Antonio Manuel Ramos Vázquez membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación dos estudantes, en substitución de Daniel Couto Cancela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade