De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de decembro de 2021, do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV, de evacuación do parque eólico Miñón, treito I.2 nó A, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático