Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63641

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de bioloxía (microscopia), grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 15 de outubro de 2021 (DOG do 26 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de bioloxía (microscopia), grupo III, pola quenda de promoción interna. E unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de promoción interna.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela