Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 6 de maio de 2021,
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará configurado consonte o anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela (mod. 2021)
Código RUCT: 4311781.
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: semipresencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
24 |
Optativas |
18 |
Prácticas externas OB |
6 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Curso |
Módulo |
Investigación en Avaliacións de Programas e Institucións |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
Módulo de Investigación |
Investigación en e-Learning |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
|
Investigación en Formación e Recursos Humanos |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
|
Atención á Diversidade e Procesos de Inclusión |
Optativa |
6 |
1ºc |
Módulo Optativas Xerais |
Avaliación e Orientación de Competencias |
Optativa |
6 |
1ºc |
|
Formación de Formadores e Profesionais de Axuda |
Optativa |
6 |
1ºc |
|
Planificación de Procesos Formativos |
Optativa |
6 |
1ºc |
|
Calidade: Modelos, Enfoques e Técnicas |
Optativa |
3 |
1ºc |
Módulo de Innovación e Calidade |
Innovación e Creatividade |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Asesoramento ás Institucións |
Optativa |
3 |
1ºc |
Módulo de Orientación e Asesoramento |
Titoría e Mentoría na Formación |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Prácticas obrigatorias |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
Prácticas |
Traballo fin de máster |
Obrigatoria |
12 |
1ºc |
Fin de Máster |
Deseños e técnicas de investigación educativa |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
Módulo de Obrigatorias Xerais |
Especialidades:
Este máster non ten especialidades, pero si dous itinerarios formativos:
– Innovación e calidade.
– Orientación e asesoramento.
Para obter o título por un itinerario o alumnado deberá cursar as dúas materias do módulo de orientación correspondente. Tamén pode optar por finalizar os seus estudos sen itinerario.