Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 5 de outubro de 2021 (publicado no BOE do 22 de outubro, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 6 de outubro de 2021).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 4317746.
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: presencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
21 |
Optativas |
27 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Curso |
Módulo |
Redacción Informativa |
Optativa |
6 |
1ºc |
Complementos de Formación |
Teoría e Fundamentos do Xornalismo |
Optativa |
6 |
1ºc |
|
Teoría e Técnica de Comunicación na Sociedade Actual |
Optativa |
6 |
1ºc |
|
Xornalismo Audiovisual. Teoría e Técnicas |
Optativa |
6 |
1ºc |
|
Documentación. Xestión e Visualización de Datos |
Obrigatoria |
3 |
1ºc |
Materias Obrigatorias |
Innovación Xornalística: Novos Formatos, Produtos e Soportes |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
|
Narrativas Xornalísticas: Novos Xéneros e Novas Linguaxes |
Obrigatoria |
6 |
1ºc |
|
Tendencias nos Modelos de Negocio en Xornalismo |
Obrigatoria |
3 |
1ºc |
|
Xornalismo e Comunicación Híbridos na Sociedade Líquida |
Obrigatoria |
3 |
1ºc |
|
Métodos de Investigación Cualitativa e Cuantitativa |
Optativa |
6 |
1ºc |
Itinerario Investigador |
Traballo fin de máster Itinerario Investigador |
Obrigatoria |
12 |
1ºc |
|
Prácticas en empresa |
Optativa |
6 |
1ºc |
Itinerario Profesional |
Traballo fin de máster Itinerario Profesional |
Obrigatoria |
12 |
1ºc |
|
Laboratorio de Comunicación en Democracia |
Optativa |
3 |
1ºc |
Especialidade en Elaboración de Contidos Informativos e Comunicación Multimedia |
Laboratorio de Contidos Informativos |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Novos Escenarios Informativos |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Xornalismo e Comunicación na Sociedade Rede |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Xornalismo e Innovación: Adaptación do Xornalismo ao Escenario Actual |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Ideación, Creatividade e Narración |
Optativa |
3 |
1ºc |
Especialidade en Ideación e Creación de Produtos Multimedia |
Laboratorio de Produtos Multimedia |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Produción, Valoración e Extensión |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Produtos Enfocados cara á Audiencia |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Xestión de Proxectos Xornalísticos no Contorno Multimedia |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Audiencias e Estratexias Informativas |
Optativa |
6 |
1ºc |
Materias Optativas Comúns |
Evolución dos Medios de Comunicación na Sociedade do Coñecemento |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Perfís Actuais do Profesional da Información e da Comunicación |
Optativa |
3 |
1ºc |
|
Produtos Culturais no Ecosistema Comunicativo da Sociedade en Rede |
Optativa |
3 |
1ºc |
Complementos de formación:
O alumnado que proveña de graos de Humanidades e Ciencias Sociais diferentes a Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade terá que cursar os complementos formativos ofertados no título.
Especialidades:
Este máster ten dúas especialidades:
– Especialidade en Elaboración de Contidos Informativos e Comunicación Multimedia.
– Especialidade en Ideación e Creación de Produtos Multimedia.
Para obter unha especialidade o alumno deberá cursar as materias optativas do módulo da especialidade. Tamén pode optar por obter o título sen especialidade se non cumpre este requisito, para o cal pode cursar as materias optativas á súa elección de entre toda a oferta.
Itinerarios:
Ademais das especialidades, o título ten dous itinerarios:
– Saída profesional.
– Saída investigadora.
O alumno/a deberá matricularse nun dos dous itinerarios. Para realizar o itinerario profesional deberá cursar as prácticas externas e para o itinerario investigador a materia Métodos de Investigación Cualitativa e Cuantitativa. O traballo fin de máster está vinculado ao itinerario, polo que o alumno/a que queira cursar os dous itinerarios deberá realizar dous TFM.