Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Xoán de Río

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se aproba a oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal correspondente o ano 2021.

Por Resolución da Alcaldía deste concello, do 16 de decembro de 2021, aprobouse a oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal correspondente ás prazas que a continuación se relacionan para o ano 2021.

Persoal laboral:

Categoría laboral

Especialidade

Nº prazas

Denominación

Sistema de acceso

Auxiliar de axuda a domicilio e asistente persoal

Asistencia social primaria

3

Auxiliar de axuda a domicilio

Concurso-oposición

Auxiliar de servizos administrativos

Servizos xerais

1

Auxiliar administrativo

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 2 do Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en circunscrición distinta á sinalada, sempre dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolvido expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

San Xoán de Río, 16 de decembro de 2021

José Miguel Pérez Blecua
Alcalde