BDNS (Identif.): 566894.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario
Modifícase a distribución plurianual dos créditos dispoñibles para concesións na convocatoria da liña IG240 Axudas, que se aboarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e distribución plurianual:
Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7700: 450.000 €, con cargo ao exercicio 2021, e 6.450.000 € con cargo ao exercicio 2022.
Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7810: 50.000 €, con cargo ao exercicio 2021, e 50.000 € con cargo ao exercicio 2022.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica