Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar …», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas, no concello de Vigo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 10 de decembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/36-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.
Concello: Vigo.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
54057A022005810000AF |
Dehesa |
Descoñecida |
25 de marzo de 2022 |
12 |