Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 63994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha planta solar fotovoltaica no concello de Vilalba (expediente LU-2021-03).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación de produción de enerxía eléctrica que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Tecnorenova Solar, S.L.U. (CIF B27504604).

Domicilio social: polígono industrial Sete Pontes; rúa Cerdeira P-A2B, 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación do proxecto: modificación do proxecto planta solar fotovoltaica 750 kW FV Porto Barroso.

Situación: Vilalba (Lugo).

Parcelas con referencia catastral: 27065A111008670000MK.

Coordenadas da parcela en que se sitúa a instalación (ETRS89 UTM fuso 29):

Vértice

Posición X

Posición Y

1

610974.7817

4794149.9862

2

611073.1622

4794182.6502

3

611175.2437

4794136.1682

4

611196.8237

4794075.4882

5

611138.4532

4794019.0762

6

611027.8867

4794060.6482

7

611024.7482

4794055.6372

8

611007.1852

4794062.3737

9

611024.7887

4794081.1847

Potencia instalada: 750 kW.

Características técnicas principais das instalacións:

• Instalación solar fotovoltaica conectada á rede de distribución de 750 kW de potencia nominal (999,18 kWp), formada por:

– Catrocentos sesenta e oito (468) módulos fotovoltaicos monocristalinos de 530 Wp e 1.404 módulos de 535 Wp.

– Estrutura de seguidores a un eixe horizontal, accionados mediante módulos de xiro individuais, con movemento ±60º E-O, fincados directamente ao chan.

– Oito (8) inversores de potencia nominal unitaria 110 kW, regulados mediante un Power Plant Controller a 750 kW.

– Elementos de protección e medida.

• Centro de transformación (CT) en edificio prefabricado de formigón cun transformador de potencia de 1000 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV e un transformador de servizos auxiliares de 25 kVA e relación de transformación 20 kV/400-230 V, coas correspondentes celas de liña, medida e protección.

• Liña eléctrica subterránea de evacuación, a 20 kV, en condutor tipo RH5Z1 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, de 50 m de lonxitude, desde o CT proxectado ata o centro de seccionamento, onde se realizará a conexión coa rede de distribución (recollida noutro proxecto: expediente 2021-50 AT).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións.

Documentación que se expón:

O proxecto de execución (asinado con data do 13 de decembro de 2021 e visado con data do 14 de decembro de 2021, co número 20213812).

O que se fai público de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 62.

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/solar-fotovoltaica/concello-vilalba

Lugo, 21 de decembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo