Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 64051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de arquitecto.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 221, do 19 de novembro de 2021, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre correspondente á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 24 de novembro de 2021

José Ramón Romero García
Alcalde