Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 1 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente-e IN407A 2021/150-1).

Expediente-e: IN407A 2021/150-1

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Augapesada II, no lugar de Augapesada.

Concello: Ames.

1. Características técnicas:

• Nova liña aérea de media tensión de 0,222 km de lonxitude en condutor de tipo LA-56 composta por tres apoios. Inicio nun apoio (D49X) a intercalar baixo a LMTA SNT821 e remate no apoio D49X-2 onde se instalará un novo CTI de 100 kVA 20.000/400 V. Entre ambos instalarase o apoio D49X-1 con XS.

• Substitución dos apoios D49 e D50 da liña existente por apoios de tipo C- 20/2000-E30 e C-18/3000-E30 respectivamente. No D49 se reporán os XS existentes para a derivada en condutor de tipo LA-30, que se retensará.

• LMTA a 20 kV cunha lonxitude de 0,097 km e coa orixe no apoio existente D48 da LMT SNT821, en condutor LA-110 mm² AL, e remate no apoio proxectado D49.

• LMTA a 20 kV cunha lonxitude de 0,097 km e coa orixe no apoio existente D48 da LMT SNT822 en condutor LA-110 mm² AL e remate no apoio proxectado D49.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así coma no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 1 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e.: IN407A 2021/150-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Augapesada II, no lugar de Augapesada.

Concello: Ames.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: lugar Igrexa.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 9183705NH2498S0001KO.

Propietario: Emilio González Crespo.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D49.

• m2: 10.

Número de predio: 2.

Lugar: lugar Igrexa.

Cultivo: labor.

Referencia catastral: 9183714NH2498S0001EO.

Propietaria/o: descoñecida/do.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D49X.

• m2: 2.0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 31,0.

• m2 aéreos: 403,0.

Número de predio: 4.

Lugar: Loronjo.

Cultivo: monte alto.

Polígono: 503.

Parcela: 1513.

Propietaria/o: descoñecida/do.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D49X-1.

• m2: 10.0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 83,0.

• m2 aéreos: 1.331,0.

Número de predio: 5.

Lugar: A Braña.

Cultivo: prado

Polígono: 503.

Parcela: 265.

Propietaria/o: descoñecida/do.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 41,0.

• m2 aéreos: 552,0.

Número de predio: 7.

Lugar: Braña.

Cultivo: labor.

Polígono: 503.

Parcela: 267.

Propietario: José Manuel López Vidal.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D49X-2-CT+acceso.

• m2: 8.3.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 26,0.

• m2 aéreos: 291,0.

Número de predio: 8.

Lugar: Braña.

Cultivo: labor.

Polígono: 503.

Parcela: 2023.

Propietaria: Lourdes Vidal Framil.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D49X-2-CT+acceso.

m2: 7,7.