Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Braña Ancha, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/21).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Adelanta Corporación, S.A. (CIF: A32015547).

Domicilio social: Parque de San Lázaro, nº 7, planta 1, 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: Parque Eólico Braña Ancha (expediente: IN408A 2020/21).

Concellos afectados pola poligonal: Santa Comba e Coristanco (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 22,4 MW.

Núm. aeroxeradores que se van instalar: 4 ud. × 5,6 MW de potencia nominal unitaria.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.019 horas.

Produción neta anual estimada: 67.631 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 13.195.846,00 €.

Prazo de execución estimado: seis (6) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Braña Ancha

A.D.E.

G9/G10

Parque eólico Braña Ancha

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

513.750

4.772.250

Coristanco

2

515.000

4.772.250

Santa Comba

3

516.000

4.770.500

Santa Comba

4

516.000

4.769.750

Santa Comba

5

515.000

4.769.293

Santa Comba

6

513.750

4.769.293

Santa Comba

Parque eólico Braña Ancha

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

BA-1

514.396

4.770.354

Santa Comba

BA-2

514.414

4.770.070

Santa Comba

BA-3

514.489

4.769.795

Santa Comba

BA-4

514.536

4.769.513

Santa Comba

Parque eólico Braña Ancha

Subestación

vértices

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

A

514.558

4.769.342

Santa Comba

B

514.596

4.769.348

Santa Comba

C

514.601

4.769.320

Santa Comba

D

514.563

4.769.313

Santa Comba

Características técnicas da instalación:

• Catro (4) aeroxeradores tripá, de 5,6 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variables, altura de buxa de 105 m e diámetro do rotor de 150 m.

• Catro (4) centros de transformación trifásicos situados no interior de cada aeroxerador, con transformador de potencia aparente unitaria 7.000 kVA e relación de transformación 0,72/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) 66/30 kV con transformador de potencia intemperie, trifásico, de potencia aparente nominal 25/30 MVA (ONAN/ONAF) e relación de transformación 66/30 kV. A SET distribúese da seguinte forma:

– Parque de 66 kV en intemperie cunha posición de transformador-liña. Incluiranse os elementos asociados tales como: dúas autoválvulas para a protección do transformador, un módulo híbrido con funcións de interruptor automático, seccionador e transformadores de intensidade, tres transformadores de tensión en liña e tres pararraios.

– Parque de 30 kV: parte deste sistema estará situado na sala de celas (no interior do edificio de control). O seu esquema será de simple barra e estará formado por unha cela de protección do transformador de potencia, unha cela de protección de baterías de compensación, dúas celas de manobra, medida e protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico), unha cela de protección do transformador de servizos auxiliares (SSAA) e unha cela de seccionamento e medida. Ademais, instalarase un transformador de SSAA de 100 kVA e relación 30/0,4 kV. No parque exterior localizarase a reactancia de posta a terra no transformador de potencia e a batería de condensadores.

– Disporá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos.

• O sistema colector de media tensión (MT) está formado por dous circuítos de 30 kV en instalación subterránea e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET do parque eólico (PE). O tipo de cable utilizado será condutor RHZ1-OL 1×240 Al 18/30 kV + H16.

• A posta a terra da rede de MT está constituída por un cable de cobre espido, de sección mínima 50 mm2, tendido ao longo da canalización de MT no fondo da gabia. O sistema de posta a terra será único para a totalidade do parque eólico.

• Pola mesma gabia das citadas liñas de MT instalarase una rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica monomodo con fibras de 9/125 μm, que se empregará para a monitorización e control do PE.

• O PE Braña Ancha dispón de permiso de acceso e conexión á rede eléctrica de transporte no nó Mesón do Vento 220 kV. Para a súa efectiva conexión, desde a SET do parque proxéctase unha liña de alta tensión (LAT) de 66 kV ata a subestación do parque eólico Campelo 220/66/30 kV. Esta liña ten condición de instalación de conexión común e será compartida con outros parques da contorna. Desde a subestación do PE Campelo proxéctase a LAT 220 kV Campelo-Mesón do Vento, que conectará coa subestación colectora Mesón do Vento 220 kV. Mediante unha LAT 220 kV conectarase esta subestación coa subestación Mesón do Vento 220 kV, propiedade de REE, punto de conexión á rede de transporte e actualmente en servizo. Todas estas infraestruturas de evacuación: a subestación PE Campelo (expediente IN661A 2011/16, en tramitación) e a subestación colectora Mesón do Vento 220 kV (expediente IN408A 2020/145, en tramitación), así como as liñas LAT 66 kV SE PE Braña Ancha-SE PE Campelo (expediente pendente de tramitar) e LAT 220 kV Campelo-Mesón do Vento (expediente IN408A 2018/14, en tramitación) non forman parte do presente proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (decembro 2021-vsdo. 13.12.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo 2021-asdo. 14.7.2021).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (abril 2021-vsdo. 10.6.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17, así como na casa dos concellos de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/branha-ancha

A Coruña, 21 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña