Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64719

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 63435, respecto da base I.1, onde di: «Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre».

Debe dicir: «Resérvanse cinco (5) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre».