Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO do 25 de novembro de 2021 polo que se dá publicidade á modificación da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de once prazas de persoal laboral fixo de operarios de obras/servizos/mantemento.

O 4 de novembro de 2021, no BOP número 210 publicouse a modificación das bases xerais de convocatorias de estabilización dos procesos selectivos para a cobertura en propiedade de diversas prazas pendentes de execución da OEP 2017 e seguintes.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 223, do 23 de novembro de 2021, publicouse integramente a modificación da convocatoria e das bases específicas reguladoras do proceso de selección para a cobertura en propiedade de once prazas de operarias/os de obras/servizos/mantemento, persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, correspondentes á OEP 2017, polo procedemento de concurso-oposición (previamente publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 124, do 5 de xullo de 2021).

As instancias en que se solicita tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 25 de novembro de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente