Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65863

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Mediante a Resolución conxunta do 5 de abril de 2021 (DOG nº 77, do luns 26 de abril) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede á súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar gañador do premio na categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto «Unha mirada diferente», realizado polo CEIP Álvaro Cunqueiro.

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto «e-CRSM. Consumo responsable nas sociedades modernas», realizado polo IES Primeiro de Marzo.

Terceiro. Declarar deserta a categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas).

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Universidade

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio
e de Consumo