Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65771

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publican as axudas concedidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 da Resolución do 4 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se convocan para o ano 2021 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro), procédese á publicación das empresas beneficiarias no anexo.

Estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.20.151A.470.0 e 04.20.461A.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Beneficiaria

Publicación

Importe

Ana Conde Miranda

Teovivo

6.204,41

Arrincamos, S.L.

Sprint Motor

4.449,15

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A.

Tempos Novos

5.462,28

Ediciones Edisport, S.L.L.

A Louriña

5.431,47

Ediciones Edisport, S.L.L.

Vigo Deportivo

5.495,57

Ediciones Edisport, S.L.L.

O Salnés

5.431,47

Edicións Mide, S.L.

A Nova Peneira

7.343,00

Edicións Mide, S.L.

Hermes&Atenea

5.183,00

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Novas do Eixo Atlántico

6.235,96

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

O Farelo

6.235,96

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Novas de Turonio

6.235,96

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Foro A Peneira

6.235,96

Garherve, S.L.

O Sil Ano 2000

6.880,20

Garherve, S.L.

O Sil Deportivo

6.880,20

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Código Cero

6.052,36

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

O Barbanza

5.878,16

Ineditor Grupo Towers, S.L.

Encomún

8.316,52

Letras a la Carta, S.L.

Barrios

12.524,07

Libre Expresión de Medios de Galicia, S.L.

AMSGO!

6.119,13

Luzes, Xornalismo que Conta, S.L.

Revista Luzes

5.468,19

Manuel Núñez Fiuza

O Periódico Lalín e Comarca

4.251,88

Portas Comunicación, S.L.

Terra Chá Xa

7.053,80

Prensa da Mariña, S.L.

A Mariña Xa

7.854,94

Publicidade Terceiro Milenio, S.L.U

Xornal 21

6.486,31

Sermos Galiza, S.A.

Nós Diario

30.000,00

Underwood Media, S.L.

Cónicas. Mensual Independente da Comarca de Ordes

7.721,42

Underword Media, S.L.

STGO!

6.185,89