Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65874

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a brigada) do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2021, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020, modificada pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núms. 152, do 30 de xullo de 2020, e 145, do 30 de xullo de 2021) para cualificar o proceso que se cita na cabeceira, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG nº 170, do 3 de setembro) para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal, xefe/a de brigada), mediante o seu cambio de vínculo xurídico,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1 da resolución de convocatoria, superaron a proba tipo test as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto. Para estes efectos, nos criterios de superación da proba aprobados pola comisión no Acordo do 18 de novembro de 2021 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que terían a cualificación de apto as persoas aspirantes que acadasen trinta e dúas (32) respostas correctas. Tendo en conta que as respostas incorrectas non descontan e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Segundo. Feita a corrección en sesión do 17 de decembro de 2021, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso de funcionarización que se cita, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás cales se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Terceiro. De acordo co disposto na base II.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión