Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no que se incluirán os datos catastrais da parcela.

Mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas en relación co inmoble que a seguir se describe, segundo o artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa conta incendios forestais de Galicia, requíreselle á persoa responsable a súa obriga e concédeselle un prazo máximo de 15 días naturais desde a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Referencia catastral

Lugar

Propietario

15075A019001650000XM

O Castro (Urdilde)

33241111Q

Para coñecer o contido íntegro da comunicación, o interesado pode acudir ás oficinas municipais do Concello de Rois situadas no lugar de Samil, 1, Oín, Rois, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Rois, 14 de decembro de 2021

Ramón Tojo Lens
Alcalde