Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 127

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO polo que se publican as bases dun proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a funcionario/a de carreira, contida na oferta de emprego público de 2018.

Mediante o acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 15 de outubro do 2021, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a funcionario/a de carreira, contida na oferta de emprego público de 2018 do Concello de Ames.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 205, do 27 de outubro de 2021. Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Ames, 27 de outubro de 2021

José Blas García Piñeiro
Alcalde