Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 236

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas na categoría profesional de socorrista.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de abril de 2021 (DOG do 10 de maio e BOE do 2 de xuño de 2021), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional socorrista, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de setembro de 2021 (DOG do 24 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 17 de febreiro de 2022, ás 10.00 horas, na aula 16, planta baixa da Facultade de Dereito, Campus Vida (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela