Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de dotacións para un centro docente na Ribeira, Sésamo.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria que tivo lugar o 18.12.2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar de forma inicial o Plan especial de dotacións para centro docente na Ribeira, Sésamo, que redactou o arquitecto José Magdalena Nogueira co visado colexial do 26.11.2019.

Segundo. Sometelo ao trámite de información pública por un prazo de dous meses mediante un anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Terceiro. Notificar de forma individual a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o prazo que se cita, contado desde a última publicación que se realice, poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na Casa Consistorial situada na rúa do Concello número 12 - Culleredo) de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 1 de decembro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.7.2020, BOP número 114, do 23 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo