Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 5 de xaneiro de 2022 Páx. 412

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Resolución do 1 de xuño de 2021 pola que se convoca, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A).

Feitos:

Primeiro. A Resolución da presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), do 1 de xuño de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 14 de xuño, convocou, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A).

Segundo. O ordinal décimo terceiro, punto 1, da Resolución do 1 de xuño de 2021 establece que as resolucións se ditarán por rigoroso orde de entrada das solicitudes ata esgotar o crédito orzamentario dispoñible. Para estes efectos, considerarase como data de entrada da solicitude aquela en que esta estivese validamente presentada por terse cuberto na forma correcta e ir acompañada da totalidade dos documentos exixidos nesta convocatoria.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas coa documentación completa, a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito para a anualidade 2021 tiña a data de entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o día 23 de novembro de 2021 ás 10.19.52 horas.

Consideracións legais e técnicas:

Única. Os artigos 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 32 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establecen que cando o procedemento administrativo establecido non leve consigo o esgotamento do crédito nun único acto de concesión, senón que a súa disposición se realice en actos sucesivos, o órgano xestor deberá publicar, no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web, o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

En similares termos pronúnciase o ordinal sexto da Resolución do 1 de xuño de 2021.

En virtude do exposto anteriormente, e de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar a coñecer o esgotamento, con data do 23 de novembro de 2021 ás 10.19.52 horas, do crédito previsto na Resolución do 1 de xuño de 2021 pola que se convoca, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo