Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 5 de xaneiro de 2022 Páx. 505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A029002460000KG

1266/2021

Descoñecido

36049A037003360000KY

2482/2021

Antonio Cabaleiro Fernández

36049A015009210000KY

3063/2020

Manuel Fernández Estévez

36049A025004360000KG

3089/2020

Balbino Romero Vila

36049A015009150000KW

3063/2020

Descoñecido

36049A011007860000KH

2213/2021

Ramiro González Cabaleiro

36049A011007850000KU

2213/2021

Cesáreo González Cabaleiro

Salceda de Caselas, 10 de decembro de 2021

Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa