Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 584

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021, pola quenda de promoción interna (CPI2021N).

No Boletín Oficial da provincia número 234, do 2 de decembro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021:

– Unha praza de técnico/a medio/a de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de xestión, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna (reservada a persoas con discapacidade).

– Dúas prazas de técnico/a medio/a de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnico/a medio/a idioma galego, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 15 de decembro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL