Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de animador/a deportivo/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 229, do 1 de decembro de 2021, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de animador/a deportivo/a, con nivel de titulación de bacharelato ou equivalente, vacante no cadro de persoal do concello. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 17 de decembro de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto da alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal