Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 866

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403G).

BDNS (Identif.): 604390.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http;//www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar ás axudas, a través dunha prima, as persoas físicas titulares das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021 que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:

a) Para a subvención da anualidade 2022 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de agosto de 2019.

b) Para a subvención da anualidade 2023 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2020.

c) Para a subvención da anualidade 2024 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021.

2. Poderán optar ás axudas de investimento financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 13.02.312B.770.0 as persoas físicas titulares das casas niño recollidas no artigo 1 da convocatoria que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:

a) Para a subvención da anualidade 2022 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de marzo de 2017.

b) Para a subvención da anualidade 2023 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2018.

c) Para a subvención da anualidade 2024 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de abril e o 31 de agosto de 2019.

3. As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e proceder á súa convocatoria coa finalidade de dar continuidade a este recurso e seguir atendendo as necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia en que están establecidas co financiamento dos gastos nos anos 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403G).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403G).

Cuarto. Natureza e contía da axuda

1. Para a reposición do equipamento, material didáctico e/ou de xogo, destinarase unha subvención de 500,00 €.

2. Para a prestación dunha atención personalizada a nenos e nenas de 0-3 anos destinarase unha prima de 24.200,00 €/ano.

Quinto. Financiamento

Ás axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total 4.746.000,00 € dos cales 4.719.000,00 € imputaranse á aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.0 e 27.000,00€ á aplicación 13.02.312B.770.0, desagregados da seguinte maneira.

Aplicación

Importe 2022

Importe 2023

Importe 2024

Importe total

13.02.312B.470.0

1.306.800,00 €

1.597.200,00 €

1.815.000,00 €

4.719.000,00 €

13.02.312B.770.0

13.000,00 €

8.500,00 €

5.500,00 €

27.000,00 €

Total

1.319.800,00 €

1.605.700,00 €

1.820.500,00 €

4.746.000,00 €

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social