Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

Advertidos erros no citado acordo, publicado no DOG número 244, do 22 de decembro de 2021, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 63493 no título do Acordo onde di: «Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o documento ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179)», debe dicir: «Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179)».

No primeiro parágrafo na páxina 63493 onde di: «En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicacións, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:», debe dicir: «En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicacións, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:».

Na páxina 63495 na epígrafe de: Documentación que se expón, onde di: «2. Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021)», debe dicir: «2. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA). (novembro 2021-asdo. 25.11.2021)».

Elimínase o punto 3.