Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 918

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 17 de decembro de 2021 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes, para o ano 2021, de paso á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O acordo para aplicar a segunda actividade no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais dispón na súa instrución quinta que o prazo de solicitude de segunda actividade abranguerá o mes de xaneiro de cada ano natural. O paso á segunda actividade realizarase de acordo coas seguintes especificacións:

Primeiro. Poden solicitar o paso á segunda actividade os traballadores fixos e temporais das categorías de bombeiros/as forestais que cumpran ou teñan cumpridos xa no ano 2022 os 60 anos de idade, que non estean acollidos á xubilación parcial e que se comprometan a xubilarse á idade legalmente establecida ou, de seren maiores de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Segundo. Para os efectos do paso á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo do anexo II os postos de traballo que figuran no anexo I deste anuncio dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición, sempre que cumpran os requisitos específicos do posto de traballo. De non haber postos dentro da súa comarca, poderán solicitar o paso á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Defensa contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios, ou poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades ou adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel en que prestan servizos.

Terceiro. As solicitudes (anexo II) deberán ir acompañadas do compromiso de xubilación (anexo III) e remitiranse á Consellería do Medio Rural, que será a competente para realizar a proposta de adscrición a segunda actividade á Dirección Xeral de Función Pública, que é a competente para resolver todas as solicitudes presentadas.

Cuarto. Para os efectos de resolver as adscricións á segunda actividade, terán preferencia os que teñan destino definitivo no mesmo ámbito, seguidamente os que teñan destino provisional e, por último, os solicitantes que teñan o destino definitivo noutro ámbito. No caso de empate dentro dos integrantes de cada un dos tres grupos sinalados anteriormente, terá preferencia na localidade o que teña máis antigüidade e, se persiste o empate, resolverase a prol do que teña maior idade.

Quinto. O prazo de solicitude abranguerá desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o día 31 de xaneiro de 2022, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Postos vacantes que se ofertan á 2ª actividade

Centro directivo

Centro

Código posto

Comarca forestal

Localidade

Grupo-categoría

Descrición

Observacións RPT

Tipo posto

Agacal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (A Coruña)

MRA112100315120020

Santiago

Sergude

III.68. Oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario

Oficial 1ª agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

Agacal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias (Ribadeo)

MRA112200327500025

Mariña Oriental

Ribadeo

V.1. Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro

Axudante de cociña

xornada especial // B14

12 meses

Agacal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo)

MRA112400327060016

Os Ancares

Becerreá

III.68. Oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario

Oficial 1ª agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010189

A Coruña

A Coruña

III.68. Oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario

Oficial 1ª agrario/a

B18

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010218

A Coruña

A Coruña

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Ofic.

Oficial 2ª agrario/a

B10

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010219

A Coruña

A Coruña

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Ofic.

Oficial 2ª agrario/a

B11

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010221

A Coruña

A Coruña

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Ofic

Oficial 2ª agrario/a

B10

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010230

A Coruña

A Coruña

IV.11. Auxiliar de laboratorio.

Auxiliar de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010231

A Coruña

A Coruña

IV.3. Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquia.

Auxiliar sanitario

B10 // B11 // B18 // Cando sexa vacante, transformar en Auxiliar de laboratorio, grupo: IV, categoría: 11.

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010238

A Coruña

A Coruña

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010239

A Coruña

A Coruña

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

MRA112600315010240

A Coruña

A Coruña

IV.11. Auxiliar de laboratorio.

Auxiliar de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Estación Experimental de Gandaría de Montaña de Marco da Curra

MRA112700315490015

Eume

Monfero

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Ofic.

Oficial 2ª agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

Agacal

Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño (Salceda de Caselas-Pontevedra)

MRA112900336480072

Vigo-Baixo Miño

Salceda de Caselas

V.8. Peón/oa agrario/a especializado/a.

Peón/oa agrario/a

Xornada especial // B11 // B14

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

MRA113000315010111

A Coruña

A Coruña

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

MRA113000315010112

A Coruña

A Coruña

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

MRA113000315010113

A Coruña

A Coruña

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

MRA113000315010123

A Coruña

A Coruña

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

MRA113000315010141

A Coruña

A Coruña

V.12. Peón. Laborante. Varredor/a. Mozo/a servizos. Etc.

Mozo/a de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

MRA113100332400015

O Ribeiro

Leiro

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Ofic.

Oficial 2ª agrario/a

B10 // B11

12 meses

Agacal

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

MRA113100332400017

O Ribeiro

Leiro

V.8. Peón/oa agrario/a especializado/a.

Peón/oa agrario/a

B10 // B11

12 meses

Agacal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra)

MRA113300336001133

Pontevedra

Pontevedra

IV.11. Auxiliar de laboratorio.

Auxiliar de laboratorio

B10 // B11 // B18

12 meses

Agacal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra)

MRA113300336001151

Pontevedra

Pontevedra

V.3. Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Etc.

Garda I

B10 // B16

12 meses

Agacal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra)

MRA113300336001166

Pontevedra

Pontevedra

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11 // B18

12 meses

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

MRC050010432260111

Ourense

Coles

III.64. Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maqu.

Oficial 1ª tractorista

B10 // B11 // B14 // B18

12 meses

Xefatura Territorial A Coruña

Xefatura Territorial A Coruña

MRC991000015001178

A Coruña

A Coruña

III.82. Mecánico/a inspector/a.

Oficial 1ª mecánico/a

 

12 meses

Xefatura Territorial A Coruña

Distrito forestal I-Ferrol

MRC995001015350032

Ferrol

Ferrol

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal (A Capelada)

 

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Viveiro Forestal Os Trollos (Bóveda)

MRC995510127080011

Terra de Lemos

Bóveda

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Viveiro Forestal Os Trollos (Bóveda)

MRC995510127080012

Terra de Lemos

Bóveda

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Viveiro Forestal San Breixo (Guitiriz)

MRC995510127220010

Vilalba

Guitiriz

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Viveiro Forestal San Breixo (Guitiriz)

MRC995510127220011

Vilalba

Guitiriz

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial Ourense

Viveiro Forestal Os Milagres (Maceda)

MRC995510132430013

Ourense

Maceda

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial Ourense

Viveiro Forestal A Chaira (O Pereiro de Aguiar)

MRC995510132570003

Ourense

O Pereiro de Aguiar

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

ANEXO II

Solicitude de segunda actividade persoal do SPDCIF

Datos persoais

DNI

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DATA DE NACEMENTO

TELÉFONO

GRUPO

CATEGORÍA

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

Datos do posto de traballo

Datos do posto de traballo definitivo

CÓDIGO DO POSTO DE TRABALLO

DENOMINACIÓN

DISTRITO

TIPO DE POSTO

 12 MESES

 9 MESES

 6 MESES

Se o posto de traballo que desempeña é distinto do posto definitivo, cubra ademais o punto seguinte. No caso de ter destino provisional deberá cubrir unicamente o seguinte punto:

Datos do posto de traballo desempeñado

CÓDIGO DO POSTO DE TRABALLO

DENOMINACIÓN

DISTRITO

TIPO DE POSTO

 12 MESES

 9 MESES

 5 MESES

SOLICITO o paso á segunda actividade.

Deberá indicar os postos vacantes do anexo I a que desexa ser adscrito segundo a seguinte orde de prioridade:

1) ...........................................................................

2) ...........................................................................

3) ...........................................................................

4) ...........................................................................

(Engada tantas liñas como sexa necesario)

En............................ o......... de...................de 202.......

(Sinatura)

Secretaría Xeral Técnica

Consellería do Medio Rural

ANEXO III

Compromiso de xubilación

..., con DNI..., coa categoría de... e destino no posto...,para os efectos de solicitar o meu paso á segunda actividade, comprométome a xubilarme:

 Á idade legalmente establecida

 Ao finalizar o prazo dun ano desde a data de efectos da adscrición por paso á segunda actividade (para o caso de solicitante que teña cumpridos os 65 anos).

O que asino en..., o ...

Asdo....