Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 3.1 e 3.2 do SUNP I-33, Iñás (expediente FG 673).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de decembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a parcelación das parcelas 3.1 e 3.2 do Plan parcial I33-R de Iñás (Documento R.E. nº 2021020600, do 2.12.2021).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 20 de decembro de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente