Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 941

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 2 de maio de 2019.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 20 de decembro de 2021 (BOPG num. 246, do 22 de decembro), acordou a finalización e aprobación do proceso selectivo para ingresar por quenda libre no corpo auxiliar do Parlamento de Galicia.

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar do Parlamento de Galicia, grupo D, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida no proceso selectivo e con expresión dos postos de traballo que se lles adxudican.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución, segundo dispón o artigo 8.d) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

Cuarto. Notificarlles esta resolución ás interesadas, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e a Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO

Convocatoria

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 2 de maio de 2019

Grupo

D

Quenda

Libre

Corpo auxiliar do Parlamento de Galicia

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Unidade destino

Grupo

Nivel

1

***0738**

Rosende Sanjurjo, Verónica

AP77

Uxier

Servizo de Persoal e Réxime Interior

D

13

2

***5623**

Pinto Barreiro, Noemí Laura

AP78

Uxier

Servizo de Persoal e Réxime Interior

D

13