Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1111

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se dá publicidade dun novo aspirante que superou o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 31 de decembro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro), pola Orde do 25 de setembro de 2019 (DOG núm. 184, do 27 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro),

RESOLVEU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de setembro de 2021 (DOG núm. 195, do 8 de outubro), este tribunal acordou elevar ao director xeral da Función Pública a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. Mediante escrito do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, requírese a este tribunal unha relación complementaria da persoa que siga por puntuación ás propostas pola Resolución do 21 de setembro de 2021, tendo en conta que pola Resolución do 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 247, do 27 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública procedeu ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), entre as que se atopan as seguintes persoas aspirantes:

NIF

Nome e apelidos

***0916**

Juan Antonio Valiño García

***3651**

Eva Marcos Doldán

Terceiro. Tendo en conta que a base I.2.3 da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2018), sinala que «Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria»; este tribunal exclúe a Juan Antonio Valiño García (con DNI ***0916**) deste proceso selectivo e, por conseguinte, da lista de persoas propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna.

Así mesmo, a seguinte persoa aspirante por orde de puntuación, a que lle correspondería ser proposta para o seu nomeamento, é Eva Marcos Doldán (con DNI ***3651**), a que tamén lle é aplicable a base I.2.3 da convocatoria, polo que se procede á súa exclusión deste proceso.

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer público, como anexo a esta resolución, o nome da persoa aspirante que superou o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

Quinto. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa aspirante citada no anexo desta resolución dispón dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Sexto. Elévase esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que a persoa que figura no anexo sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, xunto coas persoas aspirantes propostas pola quenda de acceso libre na Resolución do 21 de setembro de 2021.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

Javier Páez González
Presidente do tribunal

ANEXO

Quenda de promoción interna

NIF

Nome e apelidos

Ex. 1

Ex. 2

Ex. 3 (inglés)

Ex. 3 (galego)

Ex. 4

Total

1

***6888**

Rega Liste, Daniel

28,88

21,00

Exento

Exento

16,70

66,58