Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de analista de sistemas-aplicacións, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 279, do 4 de decembro de 2021, foi publicada resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Decreto 10294/2021, do 25 de novembro: 1 praza de analista de sistemas-aplicacións; escala de Administración especial; subescala técnica; clase superior. Grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 9 de decembro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local,
adoptado en sesión ordinaria do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos