Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1274

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade da Resolución do 14 de decembro de 2021 de adxudicación de prazas na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense), ao abeiro da Orde do 2 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).

Mediante a Orde do 2 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencia xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2021/22, publicada no Diario Oficial de Galicia número 216, do 10 de novembro de 2021, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para a cobertura das prazas vacantes nas residencias xuvenís nos procedementos BS303B para persoas estudantes e BS303D para persoas traballadoras que se someterán ás bases establecidas na dita Orde do 20 de xullo de 2021.

O número de prazas residenciais vacantes convocadas e a súa distribución por residencias e procedemento é o seguinte:

Concello

Residencia

Nº prazas

BS303B

(persoas estudantes non bolseiras)

Nº prazas

BS303D

(persoas traballadoras)

Total

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

3

7

10

Ourense

Florentino López Cuevillas

7

5

12

De conformidade co artigo 13 da Orde do 20 de xullo de 2021, a resolución de adxudicación de prazas correspóndelle á persoa titular da xefatura territorial da provincia onde radique a residencia xuvenil, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Tras a instrución do procedemento, o 14 de decembro de 2021 emítese a resolución da adxudicación das prazas vacantes ofertadas para a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas en Ourense.

Así mesmo, o artigo 14 da dita Orde do 20 de xullo de 2021 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións destes procedementos. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da Resolución do 14 de decembro de 2021, que finaliza o procedemento de concesión para o curso 2021/22 de prazas vacantes na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, ditada pola Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social (códigos de procedemento BS303B e BS303D), que se recolle no anexo á resolución.

Segundo. Comunicar que a resolución de concesión de prazas que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza, órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)

Resolución do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, ditada nos procedementos BS303B, BS303C e BS303D de concesión de prazas e bolsas, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2021/22.

Coa publicación da Orde do 2 de novembro de 2021 (DOG 216, do 10 de novembro) pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2021/22 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D), abriuse un novo prazo de presentación de solicitudes para a cobertura das prazas vacantes nos procedementos BS303B e BS303D.

Convocada unha nova oferta de prazas, procedementos BS303B e BS303D, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2021/22, e tendo en conta os seguintes

Antecedentes:

Primeiro. Unha vez examinadas as solicitudes presentadas para a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de conformidade co artigo 2 da Orde do 2 de novembro de 2021 (DOG 216, do 10 de novembro), recíbense dúas solicitudes para o procedemento BS303B, persoas estudantes non bolseiras, que son admitidas a trámite e avaliadas pola comisión de cualificación, de conformidade co establecido na Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG núm. 144, do 29 de xullo). Do resultado da baremación, a comisión de cualificación eleva o informe ao órgano instrutor.

Non se presentaron solicitudes para o procedemento BS303D, persoas traballadoras.

Segundo. O órgano instrutor, con base no informe da comisión cualificadora e tendo en conta as prazas ofertadas na convocatoria, eleva a súa proposta de adxudicación de prazas para persoas estudantes non bolseiras.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto nos artigos 9 e 11 da Orde do 20 de xullo de 2021 e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Á vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22, e demais requisitos exixidos na convocatoria, así mesmo, segundo o establecido no artigo 13 da Orde do 20 de xullo de 2021, adxudícanse as seguintes prazas para a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2021/22, para o procedemento BS303B, persoas estudantes non bolseiras, coa orde e puntuación que figura no anexo.

Segundo. De conformidade co artigo 15 da Orde do 20 de xullo de 2021, as persoas estudantes beneficiarias das prazas deberán entregar a documentación indicada no número 1 deste artigo.

Ademais, as persoas beneficiarias de prazas para persoas estudantes non bolseiras, unha vez comunicada a admisión farán entrega dunha mensualidade completa en concepto de reserva de praza consonte o estipulado no artigo 20.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicaranse as resolucións deste procedemento no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Cuarto. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 14 de decembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 13 da Orde do 20 de xullo de 2021; DOG núm. 144, do 29 de xullo). María José Fernández Laso, jefa territorial de Ourense.

ANEXO

Procedemento BS303B (persoas estudantes non bolseiras)

Lista de solicitudes estimadas

Nº orde

Nº de expediente

Apelidos e nome

DNI/NIE

Puntuación

1

2021/001

Quintas Martínez, Manuel

***6993**

11,45

2

2021/002

Pomares Ulloa, Jacobo

***6128**

10,25