Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada das instalacións para transformación de produtos lácteos que Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U. posúe no concello de Lugo (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-39).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U. Revisión de autorización ambiental integrada. Outubro de 2021».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-39.

Peticionario: Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U.

NIF: B27501824.

Domicilio social: estrada nacional VI, km 495, Nadela, Lugo.

Localización da instalación: estrada nacional VI, km 495, Nadela, Lugo.

Actividade: fábrica de produtos lácteos (UHT, manteiga, leite en po, leite concentrado, nata e leite a granel, mazada e leite pasteurizado), englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).

Descrición das instalacións: a planta consta dun edificio principal de procesado de produtos lácteos, edificio de servizos auxiliares, tratamento de auga potable, tratamento de augas residuais, transformador e almacén de residuos perigosos.

Verteduras: as augas residuais de proceso, sanitarias e pluviais trátanse na EDARI das instalacións, previamente á súa incorporación á rede de sumidoiros municipal.