Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1478

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade dun encargo de xestión, para o exercicio 2021, á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: encargo do acondicionamento do pechamento perimetral, áreas anexas á estrema sur, alumeado de puntos singulares e ampliación do rego no complexo cultural da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión: este encargo ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: a duración da encomenda será dun máximo de catro meses desde a sinatura da acta de comprobación da implantación.

Importe: 61.689,96 €.

Tarifas aplicables: prezos unitarios comprendidos no réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013, a excepción dos prezos codificados como SPM.32, SPM.35, SPM.30, SPM.31, SPM.37, SPM.38, SPM.01, SPM.02, SPM.34, SPM.05, ST.54, SP.28, SP.40, SP.19, SP.21, SP.18, SP.12 e PAN.01. Estes prezos foron creados a partir de prezos simples das tarifas correspondentes a elementos que se integran en outras unidades de obra aprobadas, e/ou de mercado, segundo se recolle no punto 3.3 da instrución citada con anterioridade.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación
Cidade da Cultura de Galicia