Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1516

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela para a prestación de asistencia socio-asistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela.

Modificar a cláusula terceira coa finalidade de incrementar a dotación económica en 20.000 € e ampliar os prazos de xustificación e de vixencia previstos na cláusula sexta e na décimo quinta.

20.000,00 €

28.9.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais.

Modificar a cláusula terceira coa finalidade de incrementar a dotación económica en 10.000 € e ampliar os prazos de xustificación e de vixencia previstos na cláusula sexta e na décimo quinta.

10.000,00 €

14.10.2021

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Empresarios y Profesionales Gallegos de Estados Unidos para a instalación dun cruceiro en Bay Front Park-Miami.

Este convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para instalar a escultura denominada O Cruceiro Galego, un cruceiro en pedra realizado polo escultor Santiago Besada, en Bay Front Park de Miami, como símbolo que contribuirá a manter e reforzar os vínculos con Galicia e a poñer en valor a nosa comunidade, a súa cultura e tradicións entre a colectividade galega de Florida e o resto da poboación estadounidense.

19.500,00 €

22.11.2021

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Madrid para a actuación urxente na fachada da sede social.

Este convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a retirada do letreiro deteriorado e a reparación urxente da fachada, instalando uns novos sinais de identificación na sede social do Centro Gallego de Madrid.

9.500,00 €

7.12.2021