Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2019/233-4).

Expediente: IN407A 2019/233-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT Ref. derivada Monteferro.

Concello: Nigrán.

Feitos:

Primeiro. O 17 de decembro de 2019, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación LMT Ref. derivada Monteferro.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste no soterramento da liña eléctrica de media tensión GON804 Ramallosa derivada entre os apoios nº D2-Ba a D2-B10 e un novo centro de seccionamento 3L 2TC+TT en envolvente prefabricada. As obras sitúanse na rúa praia de Patos, no concello da Nigrán (Pontevedra).

Segundo. O 17 de xaneiro de 2020, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Concello de Nigrán, Telefónica, S.A., Nedgia Galicia, S.A., Deputación Provincial de Pontevedra, Demarcación de Costas del Estado e Servizo de Urbanismo de Pontevedra. Emitiron os seus condicionados técnicos os seguintes organismos: Servizo de Urbanismo de Pontevedra, Telefónica, S.A., Nedgia, S.A. e Concello de Nigrán.

Terceiro. A empresa promotora manifestou a súa conformidade con todos os condicionados técnicos emitidos e a consecuencia do condicionado emitido polo Concello de Nigrán, UFD presentou un novo proxecto modificado. No seu informe, o Concello de Nigrán manifesta que se deberá modificar a colocación do centro de seccionamento, en superficie de zona verde, para dar cumprimento ao establecido con carácter supletorio ante a indefinición das NNSS, polo PBA.

Cuarto. O 24 de agosto de 2021, UFD achegou un proxecto modificado para dar cumprimento ao condicionado do Concello de Nigrán, no cal propón que o centro de seccionamento de tipo 3L 2TC+TT de superficie en envolvente prefabricada manobra exterior proxectado na zona axardinada da praza Mario Puentes no lugar de Patos, sexa un centro de seccionamento localizado na mesma praza pero subterráneo prefabricado de ventilación vertical 3L con dúas posicións telecontroladas por GPRS e trafo de tensión manobra exterior.

Quinto. O 30 de agosto de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ao Concello de Nigrán que non emitiu un novo condicionado.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Centro de seccionamento subterráneo prefabricado de ventilación vertical 3L con dúas posicións telecontroladas por GPRS e trafo de tensión manobra exterior.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ1 en dous tramos. O primeiro tramo ten 30 metros de lonxitude, con orixe no condutor RHZ existente da LMTS GON804 Ramallosa do CT Patos II (36SG6) ao CT Educación e Desca (36P690) e final no centro de seccionamento proxectado. O segundo tramo ten 698 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no condutor RHZ existente da LMTS GON804 Ramallosa ao CT Monteferro (36CDC6).

As instalacións están situadas no lugar de Patos, no concello de Nigrán (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT Ref. derivada Monteferro, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 22 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra