Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 2197

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 23 de decembro de 2021, do Consello de Administración, polo que se publica o acordo sobre selección de persoal para a cobertura temporal de diversos postos de traballo.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., o 21 de marzo de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. Proceder á convocatoria dun procedemento para a elaboración de listas de substitucións para a cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro da empresa Xenética Fontao, S.A., mediante a apertura dun prazo para a inscrición nas citadas listas, publicidade, baremación das solicitudes, elaboración definitiva das listas e posterior chamamento de candidatos por orde de puntuación, de ser o caso.

Segundo. Abrir un prazo para a inscrición nas seguintes listaxes

• Titulados superiores: biólogos/veterinarios.

• Analistas de laboratorio: técnico superior (FP2 ou equivalente).

• Auxiliar de laboratorio: técnico de formación profesional de grao medio de especialidades de laboratorio ou equivalentes.

Terceiro. Documentación que deberán presentar os interesados

O proceso de cualificación dos candidatos axustarase ao disposto nas bases específicas que para cada categoría profesional están publicadas no perfil do contratante da páxina web de Xenética Fontao, S.A. http://www.xeneticafontao.com/perfil.php

Os candidatos deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle na epígrafe de documentación para presentar das correspondentes bases específicas.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xerencia de Xenética Fontao e a súa presentación poderase realizar:

– Nas oficinas de rexistro de Xenética Fontao, sitas no lugar de Fontao-Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos, mediante correo certificado con xustificante de recepción (deberán, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía fax ao número 982 28 46 26 a acreditación de tal presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que lle entrega ao cliente o organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e Comisión de Selección

A baremación das solicitudes efectuaraa, de acordo coas bases específicas correspondentes a cada categoría, unha Comisión de Selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A. e formada polas dúas direccións técnicas/xefaturas de área da empresa.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.