Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 1988

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda libre e concurso, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

Con data do 22 de outubro de 2021 o DOG fixo pública a Orde do 5 de outubro de 2021 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quendas libre e de concurso.

Con data do 29 de outubro de 2021 o BOE publicou o anuncio desa convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes. Con data do 26 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 22 de novembro de 2021 pola que se modifica o número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso.

No Diario Oficial de Galicia número 242, do 20 de decembro, publicouse a resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quendas de acceso libre e de concurso. Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou de non exención da proba de lingua galega. Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 22 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 (DOG núm. 204, do 22 de outubro) pola quenda de acceso libre e concurso, así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas ou non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas na quenda de oposición libre, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas excluídas na quenda de concurso, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo II a esta resolución.

Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 20 de xaneiro de 2021, no pavillón 2 do Recinto Feiral de Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra) en chamamento único que se realizará ás 10.00 horas.

As persoas convocadas deberán presentarse na porta asignada, que será publicada con anterioridade á proba na páxina web da Agasp, coa seguinte documentación:

1. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

2. Certificado de vacinación COVID ou PCR/antíxenos con resultado negativo realizado nas 48 horas inmediatamente anteriores á realización do chamamento. Esta documentación deberá ser entregada en papel para poder acceder ao recinto.

3. Lapis número 2, goma de borrar e, no caso de realizar a proba de coñecementos da lingua galega, bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de teléfonos móbiles.

Terceiro. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase inmediatamente a seguir da primeira proba, unha vez finalizada esta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 12 de xaneiro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Quenda de oposición libre

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

****154***

Álvarez

Gómez

Xeila

6

****732***

Araujo

Solou

Brandán

5

****932***

Cabrera

Lado

Iria

6

****944***

Carreira

Penalonga

Adrián

1

****426***

Cendán

Lloréns

Andrés

1,6

****127***

Corral

López

Pablo

1

****182***

Couso

Martínez

Pablo

6

****893***

Del Río

Ferro

Carolina

6

****620***

Domingos

Fernández

Alberto

1,5

****065***

Dors

Vivian Thierry

4.5,6,8

****051***

Faro

Del Pico

Sergio

4,5

****557***

Fernández

Da Vila

Carmen María

1

****653***

Fernández

Fagilde

Helena

1,6

****927***

Fernández

García

Sandra

6

****779***

Hidalgo

López

Diana Marcela

8

****672***

Iglesias

Rodríguez

Miguel

9

****832***

Lavandeira

García

Jorge

6

****580***

Lodeiro

García

Verónica

6

****059***

Monteagudo

Moraña

Breogán

1

****742***

Núñez

Fernández

José Luis

5

****636***

Oliveira

Pereira

Fernando

5

****582***

Quintela

Abuín

Samuel Ainvar

6

****834***

Rodríguez

Rivas

José Rafael

6

****880***

Román

Comesaña

Diego

6

****984***

Romero

Gomes

Camila Clarisse

4,6,8

****041***

Sebelón

Barrio

Juan Manuel

5

****465***

Seoane

Rial de Abraldes

Alejandra

6

****659***

Spadaffora

Cediel

Steven

6

****372***

Villaverde

Martinez

Fernando

6

Causas de exclusión

1

Non presenta xustificante do aboamento da taxa

4

Non foi posible consultar os antecedentes penais.

5

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida.

6

Non ten ou non foi posible consultar os datos do carné de conducir.

8

Non acredita posuír a nacionalidade española.

9

Solicitude presentada fóra de prazo

ANEXO II

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Quenda de concurso

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***1583**

Andrade

Castro

Carlos

1

***6775**

Fondo

Balsas

María José

1,2

***9653**

Rey

Rodríguez

Mónica

2

Causas de exclusión

1

Non presenta xustificante do aboamento da taxa

2

Modelo de solicitude incorrecto ou incompleto