Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2344

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2022 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por esta entidade pública no segundo e terceiro cuadrimestres do ano 2021.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2021 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Ares

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Ares no seu conxunto e a ordenación do trafico na vía de acceso

2.6.2021

Non ten

Portos de Galicia, Consellería do Mar e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Realización de actuacións enmarcadas no PIMA Adapta Costas referente á elaboración dos plans de actuación dos terreos que ocupan as zonas portuarias dos portos autonómicos situados en DPP adscritos as comunidades autónomas e das estruturas construídas sobre eles

25.6.2021

Non ten

Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

Desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

2.7.2021

8.388,28 €

Portos de Galicia e Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar)

Celebración do XV encontro de embarcacións tradicionais de Galicia no porto de Moaña

15.7.2021

4.284,98 €

Portos de Galicia e o Concello de Burela

Execución de obras, mantemento e conservación da rotonda de entrada situada na nova vía de acceso ao porto de Burela

19.11.2021

Non ten

Portos de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña

Proxecto estudo integral e transferencia de tecnoloxía para o deseño de estruturas aerodinámicas como medida de mitigación do vento en instalacións marítimas flotantes. Aplicación ao porto do Xufre

29.11.2021

81.874,25 €

Portos de Galicia, Concello de Sanxenxo, Colexio Oficial de Arquitectos e Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Remodelación e ampliación dos terreos que ocupa o porto de Portonovo no Concello de Sanxenxo

15.12.2021

22.216,94 €

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Conservación, mantemento e reparación das actuacións de mellora da mobilidade e a accesibilidade no contorno do porto de Palmeira

27.12.2021

Non ten