Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de novembro de 2021 polo que se someten a información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental presentados polo Club Náutico de Rianxo para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Rianxo.

O Club Náutico de Rianxo presentou unha solicitude de concesión para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Rianxo e achegou a documentación necesaria para a súa tramitación, que inclúe unha memoria económica financeira e o estudo de viabilidade, un anteproxecto das obras e o estudo de impacto ambiental.

O día 20 de agosto de 2021, a presidenta de Portos de Galicia acordou arquivar o expediente concesional iniciado en decembro de 2016 tras a solicitude presentada polo Club Náutico de Rianxo e iniciar un novo procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria do novo proxecto presentado acolléndose ao suposto que establece o artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

En cumprimento do disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, Portos de Galicia, como órgano substantivo, fai público o proxecto e o seu estudo de impacto ambiental para que as persoas e entidades interesadas poidan examinalos e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, que remitirán a Portos de Galicia (Departamento de Portos Deportivos) no prazo máximo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na web portosdegalicia.gal

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia