Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada nun procedemento competencia desta xefatura (expediente 2021/189-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado emprázase a persoa citada no anexo para notificar a resolución ditada no procedemento que se indica no dito anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que contra a resolución se poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 13 de decembro de 2021

Mª José Pérez-Izaquirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2021/189-36.

Interesada: Leide Daiane de Andrade Martins.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 2 de decembro de 2021.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.