Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de decembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (ampliación), no concello de Monforte de Lemos (expediente 6/2019).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 20.12.2021 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (ampliación).

– Pertenza: veciños de Marexe e Vilamaior.

– Parroquia: Fiolleda.

– Concello: Monforte de Lemos.

– Superficie: 4,9 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27031A00600080

27031A00700001

Norte

27008A02600226

Leste

27008A02600222

Sur

27031A00709001, 27031A00609016

Oeste

27031A00600097, 27031A00600096

27031A00600095, 27031A00600092

27031A00600082, 27031A00600081

27031A00600079, 27031A00600068

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas pasa a ter unha superficie total de 115,9 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 30 de decembro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file